Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (162/1994).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo sumario hipotecario do art. 131 da L.H., nº 162/1994, promovidos por Banco de Galicia, S.A., representado por Narciso Caamaño Queijo, contra Julio M. Gerardo Antelo García, sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de sete millóns de pesetas (7.000.000) de principal, trescentas noventa e dúas mil sesenta e seis (392.066) ptas., de xuros calculados o día 24-2-94 máis os que se produzan ata o efectivo pagamento, para o cal está pactada a cantidade de tres millóns seiscentas setenta e cinco mil (3.675.000) ptas., como orzamento de responsabilidade hipotecaria, e todo isto sen prexuízo de se satisfaceren os gastos e custos deste procedemento, para os cales está pactada a cantidade de un millón catrocentas mil (1.400.000) ptas., como orzamento de responsabilidade hipotecaria, se acordou sacar a poxa pública polo termo de vinte días

os predios que teñen como prezo taxado polos interesados o de constitución da hipoteca, e que se describen ó final; o remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos para as poxas:

Primeira poxa: celebrarase o día 31 de marzo de 1995 ás dez horas.

Segunda poxa: celebrarase o día 5 de maio de 1995 ás dez horas.

Terceira poxa: celebrarase o día 9 de xuño ás dez horas.

Condicións das poxas:

Primeira. Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda. Desde o anuncio ata a celebración da poxa poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na conta de depósitos de consignacións deste xulgado, xuntándolle resgardo acreditativo de ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado e se abrirán no acto do remate.

Terceira. Para tomaren parte na primeira poxa os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado nº 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, S. A. unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación dos predios.

Cuarta. As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta. Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase para a segunda con rebaixa do vintecinco por cento da taxación, baixo as mesmas condicións que quedan ditas e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo nas mesmas condicións que as anteriores, debendo consigna-los interesados para poderen participar nela, unha cantidade igual á sinalada para a segunda poxa.

Sétima. A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava. Todo licitador enténdese que acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houber ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios que se poxan e tipo:

Resto do predio nº 632 do plano de concentración da zona de labradío. Labradío secaño no sitio de Chouza do Mato, parroquia de San Vicente de Rial, concello do Val do Dubra. Ten unha superficie de corenta e tres áreas, unha centiárea. Limita, norte, zona excluída, en predios de máis propiedade de Julio Antelo García, e a parcela segregada e vendido a Manuel Parafita Suárez; sur, camiño, construído por concentración; leste, zona excluída; e oeste, Daniel Antelo Rodríguez. Indivisible.

O predio matriz, da que é resto, figura inscrita no tomo 203, libro 25, folio 63, predio nº 2.201, segunda.

Tipo de taxación para efectos de poxa: 12.075.000 ptas.

E para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores en caso de que estes non fosen encontrados no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 24 de novembro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria