Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 810

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación de aspirantes admitidos e excluídos e se publica a relación de aspirantes excluídos nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Calicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma e a base I.4 das que rexen as probas selectivas convocadas por Orde do 24 de setembro de 1994 (DOG nº 206, do 25 de outubro) esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

A lista de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das delegacións provinciais e oficinas comarcais da mesma.

Así mesmo, publícase a lista de aspirantes excluídos, que figura como anexo desta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación

da presente resolución, para corrixi-los defectos que motivasen a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivos da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren nas listas de admitidos nin nas de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública