Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 810

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de xaneiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, pola que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base II.2.1 da Orde do 24 de febreiro de 1994 pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala de inspección pesqueira da Xunta de Galicia (DOG nº 45, do 7-3-94), o tribunal, na súa reunión mantida o día da data, acordou facer público o lugar, data e hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, convocando ós aspirantes que superaron o primeiro exercicio na forma que a continuación se indica:

1.-O exercicio celebrarase o día 30 de xaneiro, luns, ás 9 horas, na Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid, s/n, Polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de documento nacional de identidade e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Presidente do tribunal