Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación da subestación transformadora de enerxía eléctrica 132/20 kV denominada Barbaña, no concello de Ourense, e se declara a súa utilidade pública. (Expediente 83.3/1994).

Vistos o escrito e documentación presentados perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, na que solicita a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública da subestación soterrada de transformación de enerxía eléctrica -132/20 kV- a situar no subsolo da alameda do concello da cidade de Ourense (expediente número 83.3/1994),

Resultando: que a anterior petición se someteu a información pública, tal e como prevé o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense do 4-8-1994, publicada no DOG do 19-10-1994, no BOP de Ourense do 9-9-1994 e no BOE do 9-9-1994, sen que se presentase no período hábil regulamentario reclamación nin oposición ningunha.

Resultando: que o proxecto consiste na construcción da subestación de transformación de enerxía eléctrica de Barbaña, a situar no subsolo da alameda do concello, na cidade de Ourense, sendo as súas características principais as seguintes:

* Subestación transformadora 132/20 kV tipo soterrada con dous módulos de liña a 132 kV, un de liñas a 20 kV, doce saídas de liña a 20 kV, transformador trifásico de 50 mVA, relación

132/20 kV, e os axeitados elementos de control, manobra, protección e servicios auxiliares.

* Orzamento: 503.589.600 ptas.

Considerando: que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación cos decretos 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2.619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Considerando: que a solicitude de autorización administrativa e maila declaración de utilidade pública están informados de xeito favorable e proposta a súa autorización pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense.

Considerando: que as obras sinaladas cumpren coas normativas técnicas vixentes en materia de tendidos de liñas eléctricas, así como co preceptuado no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (Decreto 3.151/1968, do 28 de novembro; BOE do 27-12-1968).

Considerando: que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta na normativa antes mencionada.

Esta dirección xeral:

RESOLVE:

1º) Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación da subestación de transformación de enerxía eléctrica -132/20 kV- de Barbaña, a situar na cidade de Ourense.

2º) Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e no seu regulamento de execución, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro.

Esta instalación non poderá entrar en servicio, mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, previo cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo nº 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria