Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 796

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 194/1993).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Tubasa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar

unha L.M.T. e un C.T. en Agudelo, concello de Barro, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Tubasa, S.A. a instalación dunha L.M.T. e un C.T. en Agudelo, concello de Barro.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 9 de agosto de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra