Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 27 de decembro de 1994, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensión non contributiva que se relacionana no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuida na dis-

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuida na dis

posición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e no art. 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo, á falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese os abaixo citados para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto comparezan, por si ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (r/ Concepción Arenal, 7-9) para teren coñecemento do trámite ou documentación que teñen que aportar ó expediente. De non compareceren no prazo indicado, ou se dentro dos dez días seguintes ó da comparecencia non aportasen a documentación requirida, en virtude do disposto no art. 92 da Lei 30/1992, paralizarase o

expediente e transcorridos tres meses producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas.

A Coruña, 27 de decembro de 1994.

José Antonio Amado Vila

Xefe de Área