Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 944/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a soficitude da entidade mercantil Maderas Betanzos S.L., co enderezo na estrada de Castela, s/n, Betanzos, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Instalación de coxeración con motor xerador de 4.500 kW, no que se vai utilizar como combustible fuel oil e que terá como obxectivo a producción e aproveitamento simultáneo de calor e electricidade.

Lugar no que se vai establece-la instalación: Factoría da empresa, instalada na estrada de Castela, s/n, de Betanzos.

Orzamento: 230.289.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña