Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (448/1994).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 448 de 1994, por instancia da entidade Cooperativa de Productores del Campo de Bugallido (Ames), representada polo procurador Sr. García Piccoli, sobre reclamación de cantidade; a medio da presente cédula emprázase os demandados José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, cónxuxes, veciños de Ames, con domicilio ultimamente coñecido en Ames, lugar de Bertamiráns-Ortoño, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días comparezan

nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaeren sobre eles os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ós devanditos demandados, en paradoiro descoñecido, ós que se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial