Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (457/1993).

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado, baixo o nº 457/1993, entre partes, dunha, como demandante, Juan José Fuentes Gil, maior de idade, solteiro, torneiro, veciño desta cidade, con domicilio en Vite de Arriba nº 8, representado en autos polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, e dirixido polo letrado Sr. López Fernández, e da outra, como demandados, a entidade Alba, Compañía General de Seguros, S.A., domiciliada en Barcelona, representada en autos polo procurador Sr. Cuns Núñez e dirixida polo letrado Sr. Vázquez Mato e Luciano Iglesias Patiño, veciño do Val do Dubra,

con domicilio na Ponte de Insua, nº 2, San Román-Portomouro, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por culpa extracontractual.

Decido: que, estimando en parte a demanda formulada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, en nome e representación de Juan José Fuentes Gil, contra Luciano Iglesias Patiño, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, e a entidade Alba Seguros, S.A., esta última representada polo procurador Sr. Cuns Núñez, debo condenar e condeno os demandados a satisfaceren ó demandante en forma solidaria o importe da reparación dos danos do vehículo Seat Ibiza matrícula C-5347-AL, a contía dos cales se fixará en fase de execución de sentencia. Todo isto sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Ilma. Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Luciano Iglesias Patiño, declarado en rebeldía, expido o presente edicto en Santiago o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado