Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (349/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago, en autos de divorcio 349/1994, seguidos por instancia de Elena Horta Caridad, representada polo procurador Sr. Garcia Piccoli, contra Alfredo Llecha Galiñanes, pola presente emprázase a este último co obxecto de que no prazo de vinte días compareza nos autos por medio de procurador e avogado, e conteste a demanda, e propoña, se o cree oportuno, reconvención, coa prevención de que se non comparece no prazo indicado, recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en legal forma a Alfredo Llecha Galiñanes, expido o presente edicto en Santiago o 20 de decembro de 1994.

V. e Pr.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado