Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (191/1994).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado Francisco Serrano Arnal no xuízo de menor contía número 191/1994, seguido por instancia de Alcira Mata Suárez contra Ramón Suárez Teijero, Jesús

Suárez Teijeiro, Socorro Suárez Teijero, María Suárez Teijero, Rosario Suárez Teijero e Juan Suárez Teijero sobre división de cousa común, pola presente emprázase a Ramón, Jesús, Socorro, María, Rosario e Juan Suárez Teijero para que no improrrogable prazo de dez días se presente nos autos por medio de procurador que os represente en legal forma, baixo apercibimento de, que se non o verifican no prazo indicado continuará o xuízo na súa rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado