Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza correspondente a varias dependencias administrativas adscritas a esta consellería.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG do venres 20 de xaneiro cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 703, no apartado correspondente ó prazo de execución onde di: «... desde o día seguinte ó da publicación da adxudicación ... », debe dicir: «... desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación ... ».