Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETRO 9/1995, do 12 de xaneiro, polo que se declara 1995 Ano de Rafael Dieste González.

O Día das Letras Galegas de 1995, por decisión da Real Academia Galega, está dedicado á insigne figura do rianxeiro Rafael Dieste González, unha das personalidades máis ricas e inquedas das letras modernas galegas. Periodista, filósofo, profesor, dramaturgo, narrador, mestre en castelán e en galego, Rafael Dieste é un incansable creador e un constante viaxeiro, por vocación e por necesidade imposta polas vicisitudes históricas. Representa tamén, como o fixera o seu antecesor nas homenaxes do Día das Letras Galegas, a galeguidade da emigración e a intelectualidade aberta ás correntes internacionais, que enriquecen co seu con tacto a cultura do noso país.

Rafael Dieste González é merecidamente un dos, nosos escritores máis coñecidos fóra de Galicia. Os seus méritos teñen, sen embargo, aínda un camiño que percorrer na súa terra, onde calquera esforzo

por achega-la súa obra ós galegos non é máis que un xusto e aínda pendente premio ás súas importantes aportacións á nosa cultura. A súa contribución á renovación do teatro galego, o seu labor de conferenciante e defensor da moderna plástica galega, o seu maxisterio como profesor, a súa obra narrativa son xa un monumento da nosa cultura que homenaxea ó seu creador e que homenaxea á súa terra.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Declárase o ano 1995 en Galicia Ano de Rafael Dieste González, constituíndo unha obriga para tódolos galegos participar na homenaxe debida a este artista e escritor.

Artigo 2º.-As institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia, dedicarán unha parte da súa actividade a poñer de relevo a obra deste insigne intelectual que tivo un fondo amor pola súa terra, que coñeceu e amou, a Galicia da emigración e que tivo un compromiso total co seu país.

Artigo 3.-Como testemuño da homenaxe a Rafael Dieste González, a Xunta de Galicia acuñará unha medalla conmemorativa de dous mil exemplares numerados.

Disposición derradeira

0 presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da sua publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos nóventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura