Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 8/1995, do 12 de xaneiro, polo que se establece a liquidación e extinción das cámaras agrarias locais de Galicia.

Precisadas as bases do réxime xurídico das cámaras agrarias polas leis 23/1986, do 24 de decembro, e 23/1991, do 15 de outubro, e coñecido o criterio xurisprudencial do Tribunal Constitucional nesta materia, o Parlamento de Galicia procedeu a adapta-la lexislación autonómica e, á súa vez, con posterioridade autorizou a Xunta de Galicia na disposición final terceira, da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, para que, unha vez que se fixeran efectivas as transferencias de persoal e medios subseguintes ó traspaso de funcións e servicios materializado polo Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro (BOE número 306, do 23 de decembro e DOG número 246, da mesma data), acórdase a extinción das cámaras agrarias locais.

Así pois, considerando os cambios na estructura económica, organizativa e demográfica do campo galego e tendo en conta que as funcións que actualmente veñen desempeñando as cámaras agrarias locais poden ser desenvolvidas con maior eficiencia polas cámaras agrarias provinciais, en canto partícipes da mesma natureza de Administración corporativa, semella oportuno proceder á liquidación e ulterior extinción daquelas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1.-

De conformidade co establecido na disposición derradeira terceira, da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, polo presente decreto iníciase o procedemento de extinción das cámaras agrarias locais.

Artigo 2º.-

1) Facúltanse os actuais plenos das cámaras agrarias locais para efectuaren as operacións de liquidación dos dereitos non reais, de contido diñeirario ou funxible, da súa cámara respectiva. O Pleno poderá encomendar a unha comisión liquidadora a realización das operacións materiais tendentes a ese fin, sen prexuízo da súa superior competencia para aproba-lo procedemento liquidador.

2) Naquelas cámaras que non tiveran constituído legalmente o seu pleno, ou que téndoo constituído non fose operativo nalgún dos últimos tres anos, as operacións referidas no número anterior serán acometidas por unha comisión integrada polos seguintes membros:

a) Presidente, o que o fose da respectiva cámara agraria local. En defecto deste será designado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, logo de audiencia do presidente da correspondente cámara agraria provincial.

b) Secretario, o que o fose da respectiva cámara agraria local. En defecto deste será designado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, logo de audiencia do presidente da correspondente cámara agraria provincial.

e) Vocais:

-Tres agricultores designados polo presidente da cámara agraria local ou, se é o caso, polo presidente da correspondente cámara agraria provincial.

-Tres designados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, de entre funcionarios do departamento.

Artigo 3.-

O funcionamento dos órganos líquidadores axustara se en todo momento ó disposto no capítulo II, do título II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxíme xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4.-

Antes de comeza-las operacións, os liquidadores realizarán un inventario polo miúdo e un balance ou estado de situación, referido ó día en que se inicie o procedemento liquidador.

Artigo 5.-

1) Os bens e dereitos que non fosen obxecto de liquidación quedarán incorporados provisionalmente ó patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e adscritos á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, mentres non se resolva a súa aplicación definitiva, de conformidade cos criterios establecidos na disposición adicional segunda da Lei 23/1986, do 24 de decembro, na súa redacción dada pola Lei 23/1991, do 15 de outubro.

2) Tal como establece a disposición adicional terceira da Lei 23/1986, do 24 de decembro, as subrogación e adscricións operadas en virtude do referido no número anterior, estarán exentas dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, non constituirán causa de resolución dos contratos de alugueiro nin de elevación da súa renda e respectarán os dereitos laborais das persoas afectadas, en canto realizaren actividades económicas.

Artigo 6.-

1) Como órgano, de asesoramiento no procedemento liquidador e de atribución do patrimonio das cámaras extinguidas, créase unha comisión adscrita á Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, que estará presidida polo director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, contando cos seguintes vocais:

a) Asesor xurídico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

b) Un representante da Consellería de Economía e Facenda, designado polo seu conselleiro.

e) Un representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública, designado polo seu conselleiro.

d) Tres representantes das organizacións profesionais agrarias máis representativas. Se non houhera acordo entre elas para elixir estes representantes, cada unha proporá un representante para a súa selección por sorteo.

A comisión asesora disporá dun secretario, nomeado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes de entre os secretarios das cámaras agrarias provinciais, que actuará con voz pero sen voto.

2) Os órganos liquidadores poderán dirixir consultas en calquera momento e fase do procedemento de liquidación á comisión asesora. Do mesmo xeito, esta poderá dirixirlles ós liquidadores recomendacións, modelos e pautas de actuación relacionadas coa actividade de liquidación.

Artigo 7.-

Unha vez rematadas as operacións liquidadoras, o Pleno da respectiva cámara agraria local, ou no seu defecto o da cámara agraria provincial, aprobarán e darán por finalizado o procedemento de liquidación. Toda a documentación concernente a este procedemento seralle remitida á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por conducto da súa correspondente delegación provincial, que acompañará un informe ó respecto, para a súa ratificación e aprobación definitiva, quedando así extinguidas as cámaras agrarias locais.

Disposicións adicionais

Primeira.-

O procedemento de liquidación iniciarase á entrada

en vigor do presente decreto e deberá concluír nun prazo non superior a seis meses.

Segunda.-

Cando os liquidadores previsen que o prazo máximo establecido na disposición adicional primeira fose insuficiente, deberanlle elevar á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos tres primeiros meses, unha memoria xustificativa. Vista esta memoria, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes disporá dos medios humanos e materiais de apoio necesarios para concluí-lo procedemento de liquidación dentro do prazo dos seis meses.

Terceira.-

O persoal das cámaras agrarias extinguidas, transferído a esta Comunidade Autónoma en virtude do Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, queda integrado nas mesmas condicións en que se transferise na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposición derradeira

Única.-

Facúltase o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes