Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 2.545 a 2.550/1994, interposto por Josefa Cao García e outros.

0 día 16 de xaneiro de 1995 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Conten

cioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 2.545 a 2.550/1994, interposto por Josefa Cao García e outros, contra a Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26) pola que se publica concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres e máis concretamente contra do baremo establecido na referida orde.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en, autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria