Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Minerva da Coruña no que solicita a ampliación, de unha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e, pola Oficina de Supervisión de Proxectos.
Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1.004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.
Considerando que o Real decreto 1.004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil.
Esta dirección xeral resolveu:
Autoriza-la ampliación de unha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1.004/1991.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.
Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete
Director xeral de Ordenación Educativa e Centros
ANEXO QUE SE CITA
PROVINCIA DA CORUÑA
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: Mosteiro de Caaveiro, 1.
Denominación: Minerva.
Titular: Nieves Pena García.
Nivel: Educación infantil 2º ciclo.
Unidades de que constaba: 2 de educación preescolar-párvulos.
Unidades novas autorizadas: 1.
Total de unidades autorizadas: 3.