Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO do 2 de xaneiro de 1995 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da aprobación das normas subsidiarias muncipais de planeamento do Rosal.

Aprobadas inicialmente polo Pleno da corporación municipal, na sesión extraordinaria do día 29 de

decembro de 1994, as normas subsidiarias de planeamento do Concello do Rosal, sométese a información pública durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no DOG, BOP e no xornal de maior tirada nesta provincia. Durante este tempo poderá ser examinado no concello e formularse as alegacións que se coiden pertinentes, conforme establece o artigo 116 a) do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

Igualmente, de conformidade co disposto no artigo 102 da mencionada lei, acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito de todo o termo municipal, exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpran a que se aproba inicialmente. O período de suspensión será efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.

O Rosal, 2 de xaneiro de 1995.

José L. Rodríguez Martínez

Alcalde