Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución sancionadora en materia de transportes que se cita (Expediente II.BD-03985.6/1994).

Dado que non foi posible practicar no domicilio dos seus destinatarios as notificacións que se relacionan no anexo I, procédese á súa publicación no boletín oficial, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro).

Contra os ditos actos, que non esgotan a vía administrativa, pode interporse escrito de alegacións, presentando ou propondo as probas que se consideren oportunas no prazo de quince días a partir da presente publicación. O que se fai público para xeral coñecemento.

CLAVES DE IDENTIFICACIÓN-(1) Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE do 31 de xullo).

-(2) Real decreto 1.211/1990, do 28 de setembro, Regulamento de ordenación dos transportes terrestres. (BOE do 8 de outubro).

-(3) Regulamento (CEE) nº 3.820/1985, do consello do 20 de decembro de 1985. (DOCE do 31 de decembro).

-(4) Regulamento (CEE) nº 3.821/1985 do consello do 20 de decembro de 1985. (DOCE do 31 de decembro).

-(5) Orde do 25 de outubro de 1990 pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE do 30 de outubro).

-(6) ATP, acordo sobre transporte internacional de mercadorías perecedoiras.

-(7) Orde do 26-12-1990 sobre réxime xurídico da declaración de porte (BOE do 8 de xaneiro de 1991) e Resolución do 1 de agosto de 1991 (BOE do 24 de agosto) pola que se establecen as súas regras de aplicación.

-(8) Real decreto 2.296/1983, do 25 de agosto (BOE do 27 de agosto) sobre tráfico e circulación de vehículos de escolares e de menores.

-(9) TCP, Regulamento nacional de transporte de mercadorías perigosas por estrada, Real decreto 1.723/1984, do 20 de xuño (BOE do 25 de setembro).

-(10) Real decreto 2.312/1985, de 24 de setembro, (Ministerio de Industria e Enerxía). Transporte por estrada. Normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos destinados ó de mercadorías perecedoiras. (BOE do 13 de decembro de 1985).

-(11) Real decreto do 14 de novembro de 1986. Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentación e productos alimentarios a temperatura regulada.

-(12) Real de decreto 74/1992, do 31 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento nacional de transportes de mercadorías perigosas. (TPC). (BOE do 22 de febreiro de 1992).

-(13) Orde ministerial do 27 de marzo de 1992, sobre arrendamento de vehículos sen conductor que desenvolve a sección I, do capítulo IV, do título V do Regulamento da LOTT. (BOE do 7 de abril).

-(14) Real decreto 2.483/1986, do 14 de novembro de 1986. Alimentos. Regulamentación técnicosanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

-(34) Real decreto 2.561/1982, do 24 de setembro (Presidencia). Leite e productos lácteos: regulamentación técnico-sanitaria de industria, almacenamento, transporte, comercialización. Decreto 3.263/1976, do 26 de novembro (Presidencia). Carne e matadoiros. Regulamentación técnico-sanitaria de

matadoiros, salas de desfeita, centros de contratación, almacenamento e distribución de carnes e despoxos.

Madrid, 7 de decembro de 1994.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de Transportes

Listado de expedientes para publicar:

Comunidade Autónoma: C.A. Galicia.

Denunciado: Talleres y Ttes. Víctor, S.L.

Último domicilio coñecido: Alto de Puxeiros, 36415 Mos, Pontevedra.

Infracción: Realizar tranporte sen autorización (IDM).

Preceptos infrinxidos: L 16/87 Art. 140 a) (01), RD 1.211/1990, Ar. 197 a) (02).

Expediente: 11-BD-03985.6/1994.

Data denuncia: 04-05-94.

Precepto sancionador: L16/87 Art. 143 e RD 1.211/1990 Art. 201.

Sancionable por: 250.000.