Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 1995 de exposición ó público da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal relativa ó centro termal de Cuntis.

O Concello de Cuntis anuncia a exposición ó público durante o prazo de un (1) mes, contado desde a data de publicación do derradeiro anuncio no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios do concello, do acordo de aprobación inicial do proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal relativas ó centro termal de Cuntis -redactado pola arquitecta María Ilde Portos Taboada, a solicitude de Marcial Campos Fariña-en cumprimento do que dispón o artigo 114 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño). O devandito acordo foi adoptado polo pleno da corporación na sesión ordinaria do día 30 de decembro de 1994.

Durante o período de exposición ó público, as persoas, asociacións e entidades interesadas poderán presenta-las suxerencias, alegacións e reclamacións que coiden oportunas.

A documentación que integra a citada modificación puntual e o resto do expediente administrativo están a dispor dos interesados nas oficinas municipais, onde o poderán consultar de luns a vernes, de 9 a 14 horas.

O acordo de aprobación inicial de modificación puntual das normas subsidiarias implica a suspensión automática do outorgamento de licencias urbanísticas nos termos sinalados nos artigos 102 do texto refundido da Lei do solo, 120 e 121 do Regulamento de planeamento (Real decreto 2.159/1978, do 23 de xuño) é dicir, naquelas áreas do territorio municipal en que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Cuntis, 2 de xaneiro de 1995.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde