Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995, da Dirección Xerencia do hospital comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras (Ourense), pola que se anuncia o concurso público número 1/1995, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de hostelería e alimentación.

A Dirección Xerencia do hospital comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994, convoca o concurso público nº 1/1995 polo trámite de urxencia para a contratación do servicio referido no punto I desta resolución.

I. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de hostelería e alimentación, por un orzamento de vintecatro millóns trescentas setenta e cinco mil pesetas (24.375.000), IVE incluído.

II. A prestación do servicio comezará a rexer a partir da data da sinatura do contrato.

III. O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados á Dirección de Xestión do hospital comarcal Valdeorras (Avda. Conde Fenosa, 50, O Barco de Valdeorras, Ourense), en días laborables desde as 9 horas ata as 14 horas, ou ó teléfono (988) 33 90 00 e fax (988) 33 90 64.

IV. Fianzas: 2% do orzamento de licitación (487.500 ptas.) que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento.

V. Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados no rexistro xeral do hospital comarcal Valdeorras, antes do décimo quinto día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do hospital comarcal Valdeorras ás 12 horas do primeiro día natural contado a partir de aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en festivo, a apertura das proposicións terá lugar o dia hábil seguinte.

VI. Documento que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

VII. Anuncios: serán por conta do adxudicatario do contrato.

VIII. Clasificación: os licitadores deberán presenta-lo certificado de clasificación como «grupo III, subgrupo 8. Outros servicios. Categoría B», conforme o R.D. 609/1992, do 2 de febreiro, polo que se dictan normas para a clasificación das empresas consultoras e de servicio, modificado polo R.D. 52/1991 do 25 de xaneiro.

O Barco de Valdeorras, 12 de xaneiro de 1995.

Enrique I. Pérez Rivera

Director-xerente do hospital comarcal Valdeorras