Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (221/1998).

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, coñecendo de autos de xuízo de menor contía número 221 de 1988, en fase de execución de sentencia firme, e seguidos por instancia de Francisco Rodríguez, contra Manuel Vázquez Tourís, sobre dereitos hereditarios, nulidade de compravenda e reclamación de danos e prexuízos, por medio do presente edicto e en virtude de resolución desta data, manda citar e cita para comparecer na execución da sentencia de que se trata, ós herdeiros, sucesores e habentes causa descoñecidos e incertos, que se consideren da demandada Manuela ou María Manuela Vázquez Tourís, veciña que foi desta cidade e falecida nela o día 27 de febreiro de 1993, concedéndolle-lo prazo de nove días, baixo apercibimento de que recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para inserir no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Pérez Echenique

Maxistrado-xuíz

O secretario

Rubricado