Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se anuncia a celebración dunhas xornadas sobre medio ambiente e saúde.

Dentro das actividades que vai realiza-la EGAP en 1995 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre medio ambiente e saúde que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

1.-Obxectivos.

Integración da dimensión ambiental na formación de responsables políticos e técnicos da Administración local galega que desenvolvan a súa actividade nas áreas de medio ambiente e saúde.

2. Destinatarios.

Fundamentalmente, políticos e técnicos da Administración local ou autonómica, así como profesionais libres que desenvolvan a súa actividade nas áreas obxecto de estudio.

3. Desenvolvemento.

-Duración: 13 horas.

-Horario: venres, mañá e tarde, e sábado pola mañá.

-Lugares e datas:

Carballo (A Coruña), 10-11 febreiro.

Lourenzá (Lugo), 3-4 marzo.

Xinzo de Limia (Ourense), 31 marzo-1 abril.

Lalín (Pontevedra), 28-29 abril.

Monforte de Lemos (Lugo), 2-3 xuño.

O Carballiño (Ourense), 30 xuño-1 xullo.

Tui (Pontevedra), 22-23 setembro.

Padrón (A Coruña), 6-7 outubro.

4. Dereitos de inscrición.

Fíxanse en 10.000 ptas. Terá dereito a unha reducción do 40% o persoal ó servicio de calquera administración pública.

O aboamento efectuarase mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP da Caixa Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida número 2091-0388311000520. O xustificante do pagamento deberase xuntar á solicitude.

Os dereitos de inscrición, unha vez ingresados, unicamente se lles reintegrarán ós interesados se estes, cunha antelación mínima de cinco días con respecto á data de inicio da actividade, manifestan por escrito a súa renuncia a participar nela.

5. Prazo.

O prazo de inscrición nas xornadas finaliza, segundo a localidade, 15 días antes do seu comezo.

6. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo

a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xuntando en todo caso resgardo do ingreso e certificación expedida polo órgano competente na que conste a condición de estar prestando servicios na administración, no caso de ter dereito a bonificación.

7. Número de prazas.

Limitado á capacidade do local.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro sempre que se teñan acreditados tódolos requisitos para a inscrición no momento de presentación da solicitude. A admisión comunicarase directamente ós interesados oito días antes do comezo da actividade.

8. Inscricións fóra de prazo.

Só se admitirán se quedasen prazas baleiras e sempre que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

9. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas así como a de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

10. Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas xornadas programadas cando a súa inasistencia non sexo igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexo cal sexo a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa con perda de tódolos dereitos.

11. Profesorado.

Estará integrado por expertos nos sectores de medio ambiente e saúde pertencentes á Administración autonómica e a empresa, así como profesores das universidades galegas.

12. Contido.

Ruído ambiental: prevención e loita. Contaminación das augas, abastecemento hídrico e saneamento de augas residuais. Residuos agrarios e gandeiros. Residuos sólidos urbanos. Estudios de avaliación de impacto ambiental. Conservación do medio ambiente natural. Competencias municipais en materia de medio ambiente: lexislación actual.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública