Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995 pola que se convocan dous cursos de informática básica.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1994, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúnciase a convocatoria de dous cursos de informática básica que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática que permitan o manexo do ordenador persoal nun contexto ofimático.

Segundo.-Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, do Parlamento e do Consello de Contas, con preferencia para o que estea traballando con ordenadores persoais compatibles e careza de preparación adecuada. Estas circunstancias deberán acreditarse no momento de solicita-lo curso, mediante certificación do xefe do centro directivo de dependencia do solicitante.

Cuarta.-Contido básico.

Informática básica. MS-DOS sistema operativo. Contorno operativo Windows.

Quinta.-Solicitudes.

O persoal que reúna os requisitos esixidos nesta convocatoria deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e o currículum segundo o modelo anexo. A dita documentación dirixirase á EGAP. Polígono das Fontiñas, s/n. 15703 Santiago de Compostela e presentarase en calquera das oficinas previstas na normativa vixente.

Sexta.-Publicación.

A EGAP publicará as listas dos seleccionados no seu taboleiro de anuncios, no da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das delegacións provinciais desta consellería, sen prexuízo de llelo comunicar directamente ós interesados para que poidan obte-lo permiso de asistencia.

Sétima.-Asistencia e certificados de participación.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da administración e as continxencias que poidan xurdir.

Novena.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública