Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se convocan cursos de perfeccionamento en materia de idiomas inglés e francés, elemental e medio.

Dentro do programa de actividades da EGAP, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles correspondan, a instancia e o currículum segundo o modelo anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar noutros durante os anos de realización do curso solicitado.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A devandita documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (polígono das Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebren fóra de Santiago de Compostela terá preferencia o persoal dos servicios provinciais respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

CURSO: INGLÉS ELEMENTAL

1. Obxectivos:

Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua inglesa.

2. Destinatarios:

Persoal de administración dos diferentes grupos das Administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria e do Consello de Contas. Para a selección terase en conta en primeiro lugar a utilidade do idioma para o traballo do solicitante, circunstancia que se acreditará presentando certificación do superior xerárquico das tarefas do posto de traballo para as que é imprescindible coñecemento do idioma solicitado.

3. Desenvolvemento do curso:

3.1-Duración: 120 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (martes e xoves) de dúas horas cada día.

3.2.-Lugar: EGAP. Santiago de Compostela.

3.3.-Datas: de febreiro a novembro de 1995.

3.4.-Horarios: de 17 h. a 19 h.

3.5.-Prazas: 7 como mínimo e 20 como máximo, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 2 para a do Parlamento e 1 para o Consello de Contas. En caso de reiterada inasistencia a clase, de falta de nivel ou rendemento adecuado para segui-lo curso, poderá darse de baixa a un alumno para ocupa-la praza por outro que reúna as condicións esixidas de nivel, etc.

4.-Contido:

Vocabulario. Pronunciación. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formular e contestar preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

5.-Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

CURSO: INGLÉS MEDIO

1. Obxectivos:

Consolida-los coñecementos do inglés básico e proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa a un nivel medio que permitan establecer contactos esporádicos na lingua estranxeira e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficiencia.

2. Destinatarios:

Persoal de administración dos diferentes grupos das administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria e Consello de Contas. Absteranse de solicitalo os participantes na edición anterior destes cursos. A selección dos participantes efectuarase logo das probas escrita ou oral de nivel que permitan

formar un grupo homoxéneo para o axeitado desenvolvemento do curso. A proba escrita terá lugar na EGAP o xoves seguinte ó día da finalización do prazo de presentación de instancias, ás 19.00 horas.

3. Desenvolvemento do curso:

3.1.-Duración: 120 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (martes e xoves) de dúas horas cada día.

3.2.-Lugar: EGAP. Santiago de Compotela.

3.3.-Datas: de febreiro a novembro de 1995.

3.-Horarios: de 19.00 h. a 21.00 h.

3.5.-Prazas: 7 como mínimo e 20 como máximo, nunha proporción similar á establecida no curso elemental, sempre que reúnan os requisitos de nivel medio resultantes das probas escritas e orais.

4. Contido:

Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.

5. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

CURSO: FRANCÉS ELEMENTAL

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua francesa.

2. Destinatarios:

Persoal de administración dos diferentes grupos das administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria e do Consello de Contas. Para a selección terase en conta en primeiro lugar a utilidade do idioma para o traballo do solicitante, circunstancia que se acreditará presentando certificación do superior xerárquico das tarefas do posto de traballo para as que é imprecindible coñecemento do idioma solicitado.

3. Desenvolvemento do curso:

3.1.-Duración: 60 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (luns e mércores) de dúas horas cada día.

3.2.-Lugar: EGAP. Santiago de Compostela.

3.3.-Datas: de febreiro a maio de 1995.

3.4.-Horarios: de 17 h. a 19 h.

3.5.-Prazas: 7 como mínimo e 20 como máximo, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 2 para a do Parlamento e 1 para a do Consello de Contas. En caso de reiterada inasistencia a clase, de impuntualidade, de falta de nivel ou rendemento adecuado para segui-lo curso, poderase dar de baixa a un alumno para ocupa-la praza por outro que reúna as condicións esixidas de nivel, etc.

4. Contido:

Vocabulario. Pronunciación. Estructuras gramaticais, Comprensión básica. Formular e contestar preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

5. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

CURSO: FRANCÉS MEDIO

1. Obxectivos:

Consolida-los coñecementos do francés básico e proporcionar uns coñecementos da lingua francesa a un nivel medio que permitan establecer contactos esporádicos na lingua estranxeira e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficiencia.

2. Destinatarios:

Persoal de administración dos diferentes grupos das administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria e do Consello de Contas. Absteranse de solicitalo os participantes na edición anterior destes cursos. A selección dos participantes efectuarase logo das probas escrita ou oral de nivel que permitan formar un grupo homexéneo para o axeitado desenvolvemento do curso. A proba escrita terá lugar na EGAP o xoves seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias, ás 17 horas.

3. Desenvolvemento do curso:

3.1.-Duración: 60 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (luns e mércores) de dúas horas cada día.

3.2.-Lugar: EGAP. Santiago de Compostela.

3.3.-Datas: de febreiro a maio de 1995.

3.4.-Horarios: de 19 h. a 21 h.

3.5.-Prazas: 7 como mínimo e 20 como máximo, nunha proporción similar á establecida no curso elemental, sempre que reúnan os requisitos de nivel medio resultantes das probas escritas e orais.

4. Contido:

Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.

5. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.