Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

EDICTO do 22 de novembro de 1994 polo que se acorda a prórroga da suspensión do outorgamento de licencias motivada polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da zona vella de Viveiro.

O Pleno deste concello, na sesión ordinaria celebrada o día vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e catro, co quorum legalmente establecido, acordou, de acordo co establecido no artigo 102.2 da Lei 1/1992, do 26 de xuño, prorrogar polo prazo de un ano a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación dos terreos, edificación e demolición nos puntos que se determinaron no acordo plenario de data vintenove de outubro de mil novecentos noventa e tres, referidos ó plano P3 da documentación gráfica e que son os seguintes:

1.-Predio lindante co convento de San Francisco e o antigo fogar xuvenil na UU2.

2. Espacio libre EL25 (x) na UU2.

3. Espacio comprendido entre a rúa de Alfolíes e ruela do Muro EL11 (x) na UU1.

4. Restos da edificación na rúa Díaz Freixo Ql2 (OE) na UU1.

5. Restos da edificación correspondente ó nº 19 da praza Maior e nº 1 e 3 da rúa Teodoro de Quirós na UU1.

6. Superficie EL17 (x) situada entre a Avda. Nicolás Cora Montenegro e a rúa María das Alas Pumariño na UU1.

7. Horta do convento das Irmás Concepcionistas EL16 (x) na UU1.

8. Edificio nº 13 na rúa Melitón Cortiñas Ql4 (SC) na UU1.

9. Edificacións existentes no espacio EL34 (x) na UU3.

10. Terreos correspondentes ó porto de Viveiro na UU3.

11. Antiga estación de autobuses e edificio lindante na UU3.

12. Predio lindante co antigo hotel Venecia na UU3.

13. Predio lindante co CD7 da UU4 (coñecido como Fonte de Cadafalso).

14. Espacio previsto para a rede viaria, comprendido entre a rúa do Chamorro e o Cristo dos Malates EL43 (x) na UU4.

15. Espacio previsto para rede viaria entre os cuarteiróns RM351 e RM361 (zona de Verxeles) na UU3.

Así mesmo, faise extensiva a suspensión do outorgamento de licencias ós edificios que aparecen catalogados no documento.

Viveiro, 22 de novembro de 1994.

O alcalde

Rubricado