Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na U.A. 11 «Pista» en Alcabre.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 30 de novembro de 1994, o estudio de detalle na U.A. 11 «Pista» en Alcabre (3124/411), promovido por Trumbel, S.A. e redactado polos arquitectos Salvador Fraga Rivas, Francisco J. García-Quijada Romero e Manuel Portolés Sanjuán, visado polo COAG con data 15 de xuño de 1994 sométese a información pública, polo prazo de quince días hábiles con anuncios en DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 19 de decembro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde