Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o 1 de decembro de 1994 o prego de cláusulas administrativas que rexerán na poxa das obras de captación e abastecemento de auga a Ribadavia, 1ª fase, exponse ó público o citado prego por prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente anuncio no BOP, para que poidan presenta-las reclamacións que estimen oportunas aqueles que se consideren interesados.

Simultaneamente, anúnciase poxa, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións ó prego de condicións.

Obxecto de licitación.-Contratación polo procedemento de poxa, das obras de captación e abastecemento de auga a Ribadavia fase 1ª, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Segundo Alvarado Blanco e o prego de cláusulas administrativas.

Tipo de licitación.-Dezanove millóns de pesetas (19.000.000 de ptas.), incluído IVE, podendo ser mellorado á baixa.

Prazo de execución da obra.-A obra executarase no prazo máximo de catro meses (4 meses) contado desde o día seguinte ó da expedición da acta de comprobación de replanteo.

Fianzas.-A provisional fíxase na cantidade de 380.000 ptas., e a definitiva en 760.000 ptas.

Clasificación do contratista.-Os que adopten ó contrato estarán clasificados do seguinte modo:

Grupo: E.

Subgrupo: 2.

Categoría: C.

Exposición do expediente.-Na secretaría xeral do Concello tódolos días hábiles, de 9 a 15 horas, agás os sábados.

Prazo e lugar de presentación de proposicións.-No rexistro xeral do Concello, sito na Praza Maior, núm. 1, 32400 Ribadavia, Ourense, no prazo dos vinte días seguintes ó de inserción do presente anuncio no derradeiro boletín no que debe ser publicado.

Proposicións.-A presentación das proposicións presupón por parte do contratista que acepta incondicionaimente o prego de condicións e a declaración de que reúne tódolos requisitos para contratar co Concello de Ribadavia.

Documentación.-A documentación presentarase en dous sobres pechados, que terán que ser asignados polo licitador ou polo seu representante.

En cada un farase consta-lo seu número, a relación de documentos que contén o nome do licitador e a seguinte lenda: «Proposición para tomar parte na contratación das obras de captación de abastecemento de auga a Ribadavia, 1ª fase».

* Sobre núm. 1.-Documentación xeral.

Incluirase neste sobre a seguinte documentación:

a) Se o licitador fora persoa xurídica, copia da escritura de constitución ou modificación debida

mente inscrita no rexistro mercantil e co cumprimento da obriga imposta no artigo 3.1. da Lei 19/1989, do 25 de xuño.

Se o licitador fora persoa física, copia do DNI, debidamente autentificada mediante compulsa.

Os que comparezan ou asinen proposicións no nome ou representación doutros tanto se son persoas físicas ou xurídicas, presentarán poder declarado bastante por letrado ou pola secretaría xeral do Concello.

b) Declaración xurada de non estar incurso o licitador en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade do artigo 9º da Lei de contratos do Estado.

c) Resgardo acreditativo de constitución de fianza provisional por importe de 308.000 ptas.

d) Declaración xurada de estar ó día nas obrigas tributarias, da Seguridade Social e coa Facenda local.

O adxudicatario definitivo presentará certificados orixinais.

e) As sociedades deberán acreditar mediante certificación expedida por persoa competente, que non forma parte dos seus órganos de goberno ou administración, ningunha persoa á que se refire a Lei 25/1983, de incompatibilidade de altos cargos.

f) Certificación do Ministerio de Economía e Facenda, acreditativa da cualificación empresarial.

g) Copia do recibo de IAE, no epígrafe que o faculte para contratar. O adxudicatario definitivo acreditará antes da sinatura do contrato que figura de alta na correspondente matrícula.

No caso de que concorran á licitación varias empresas formando unha U.T.E., cada un dos empresarios que a compoñen deberán acredita-la súa capacidade de obrar e no escrito de proposición, deberán indica-los nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles e designa-la persoa ou entidade, que durante a vixencia do contrato ostentará a plena representación de todos eles diante da Administración. No caso de que se adxudicase o contrato a unha U.T.E., esta deberá acredita-la súa constitución ante o órgano de contratación.

* Sobre núm. 2.-Proposición económica.

Presentarase escrita á máquina ou en letra maiúscula, sen que se acepten aquelas que presenten raspaduras ou conteñan omisións. A proposición axustarase ó modelo seguinte: Don/a..., con domicilio en..., DNI núm..., expedido o... en nome propio (ou en representación de... segundo acredita con...), informado/a do expediente e condicións para contrata-las obras que se indican do Concello de Ribadavia, anunciadas no BOP de..., nº ..., de data... comprométese á súa execución coa baixa que se sinala:

Obras: denominación..., tipo de licitación..., baixa que se ofrece... %, lugar, data e sinatura.

Celebración do acto de licitación.-

A apertura de plicas celebrarase na Casa do Concello ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación, ou momento en que previamente se sinalara pola Alcaldía, ante a mesa constituída polo alcalde do Concello ou concelleiro en que delegue, e o secretario da Corporación, ou persoa que o substitúa, que dará fe do acto. Transcorridos cinco (5) días, o órgano competente acordará a adxudicación definitiva, se procede.

A mesa de contratación adxudicará provisionalmente o contrato á proposición económica máis vantaxosa.

Adxudicación definitiva.-Será realizada pola Comisión de Goberno, nos cinco días seguintes á adxudicación provisional. A adxudicación definitiva perfecciona o contrato de obra.

Ribadavia, 10 de decembro de 1994.

Miguel Fidalgo Areda

Alcalde