Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-De conformidade co acordado en sesión plenaria celebrada o día 20 de decembro de 1994, anúnciase a poxa das obras que figuran no anexo que se acompaña comprendidas no Plan de Conservación de Vías Provinciais de 1995, cos orzamentos que se relacionan, as fianzas provisionais que se indican, así como as correspondentes clasificacións dos contratistas.

Prazo.-Estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1988 e modificacións do 13 de setembro de 1991 e 29 de xullo de 1994.

Pagamentos.-Efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantia definitiva.-O adxudicatario virá abrigado a constituir unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte

MODELO

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que

o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI número..., e con domicilio en..., rúa..., número...) desexa tomar parte na poxa convocada por..., e publicada en... con data do..., para executa-las obras comprendidas no proxecto de..., e, para estes efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de...pesetas, en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Presentación de plicas.-Na Sección de Patrimonio e Contratación en horas das nove ás trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte á última inserción deste anuncio, salvo que se aprace por producírense reclamacións á toma en consideración do plan.

Apertura de plicas.-Ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario