Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Concello de Ames convoca concurso para adxudicar dúas licencias de clase B (auto-taxis) para exerce-lo servicio público de transporte de viaxeiros en autoturismo.

Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español, maior de 18 anos, sen que exceda do límite fixado polo código de circulación para o exercicio da actividade.

b) Estar en posesión do permiso de conducir de clase B-2 ou superior.

c) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, nin defecto físico que dificulte ou impida o exercicio da actividade.

d) Ter boa conducta cidadá.

e) Non ter débedas coa Administración múnicipal.

As solicitudes deberán presentarse no prazo dos 20 días seguintes ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia.

Os expedientes e as bases completas do concurso están a disposición dos aspirantes na secretaría do Concello.

Ames, 27 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado