Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A corporación municipal, en sesión plenaria celebrada o día 30 de novembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 19, promovido por Avelino López Camba, propietario dos terreos que constitúen o ámbito e redactado polo arquitecto Ramón Corrochano Casares, cun orzamento de execución de 11.495.021 ptas., así como un documento complementario titulado «acondicionamento zona verde U.A. número 19» cun orzamento que ascende á cantidade de 2.095.273 ptas.

Durante un prazo de 15 días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o documento aprobado nas oficinas municipais e presentarse as alegacións que se coiden pertientes.

Culleredo, 19 de decembro de 1994.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións