Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO de concurso.

O Concello da Teixeira, con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas aprobadas polo Concello, convoca concurso con carácter de urxencia.

a) Redacción das normas subsidiarias de planeamento do Concello da Teixeira.

b) Orzamento de licitación: 7.000.000 de pesetas (IVE incluído).

c) Fianza provisional: 140.000 pesetas.

d) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense, e de acordo co modelo que consta no prego de condicións.

O prego de condicións e demais documentación integrante do expediente poderán ser examinados nas oficinas municipais, en horas de oficina, ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

A Teixeira, 14 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado