Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a presentación de ofertas para a contratación directa da asistencia técnica ó programa Coñece España-95 en Palma de Mallorca (Illas Baleares).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación directa da seguinte asistencia técnica:

-Obxecto do contrato: asistencia técnica ó programa Coñece España-95 en Palma de Mallorca (Illas Baleares).

-Orzamento: seis millóns de pcsetas (6.000.000 de ptas).

-Prazo de execución: do 20 de abril ó 25 de maio de 1995.

-O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán ó dispor dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral da Xuventude, edificios administrativos San Caetano, bloque 3º, l piso, Santiago de Compostela.

-As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou

no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de l995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e

Xuventude

CONCELLO DE ABADÍN