Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a presentación de ofertas para a contratación directa da asistencia técnica ó programa Coñece España-95 en Tenerife.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación directa da seguinte asistencia técnica:

-Obxecto do contrato: asistencia técnica ó programa Coñece España-95 en Tenerife.

-Orzamento: oito millóns oitocentas oitenta e oito mil pesetas (8.888.000 ptas).

-Prazo de execución: do 18 de abril ó 30 de maio de 1995.

-O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán ó dispor dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral da Xuventude, edificios administrativos San Caetano, bloque 3º, l piso, Santiago de Compostela.

-As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

0 presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e

Xuventude