Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza correspondente a varias dependencias administrativas adscritas a esta consellería.

-Obxecto do contrato: Comprende a limpeza de cada unha das dependencias relacionadas a continuación e que terán contrato individualizado:

Provincia da CoruñaOrzamento anual

1) Delegación Provincial1.800.000 ptas.

2) S.M.A.C. da Coruña1.044.000 ptas.

3) S.M.A.C. de Ferrol398.000 ptas.

4) S.M.A.C. de Santiago450.000 ptas.

5) Policía Autonómica, A Coruña2.400.000 ptas.

6) Gabinete Seg. e Hixiene A Coruña 4.195.000 ptas.

Provincia de Lugo

7) Policía autonómica770.000 ptas.

Provincia de Ourense

8) Policía Autonómica. Ourense940.000 ptas.

Provincia de Pontevedra

9) Delegación Provincial. Vigo2.300.000 ptas.

10) S.M.A.C. de Vigo1.850.000 ptas.

11) S.M.A.C. de Pontevedra305.000 ptas.

12) Policía Autonómica. Pontevedra1.580.100 ptas.

13) Gabinete de Seg. e Hixiene. Rande6.240.000 ptas.

Os importes indicados corresponden a unha anualidade (12 meses). Dado que na anualidade de 1995 a duración do contrato será menor, o importe de adxudicación reducirase proporcionalmente ó tempo do contrato.

-Prazo de execución: Comprenderá, para cada unha das asistencias técnicas da limpeza, desde o día seguinte ó da publicación da adxudicación ata o 31 de decembro de 1995.

-Documentos de interese para os licitadores: O prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de luns a venres, de 9 ás 14 horas, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5-3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

-Fianza provisional: Non é necesaria.

-Presentación de proposicións: No rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 6.A) do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo de presentación de proposicións: Comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o 7 de febreiro ás 14 horas.

-Apertura das proposicións: A apertura das ofertas presentadas no prazo hábil, terá lugar en acto público, na sala de Xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 13 horas do día 10 de febreiro de 1995.

-Anuncio: O importe desta anuncio será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais