Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de mellora da capa de rodadura do camiño Capela-Xilde por Seixo e outros, no concello de Ortigueira (X-2.630 e nove máis).

Por Resolución do 4 de xullo de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. «Mellora da capa de rodadura do camiño Capela-Xilde por Seixo e outros no concello de Ortigueira (A Coruña)» X-2.630.

José Manuel Piñeiro López, S.L., importe de adxudicación: 26.150.000 pesetas.

2. «Estrada de penetración de Arzúa-Santiso (concello de Santiso, A Coruña)» X-2.633.

Jesús Castro, Construcciones, importe de adxudicación: 22.975.000 pesetas.

3. «Reparación e acondicionamento de camiños rurais no concello de Arnoia (Ourense)» X-2.867.

Dago, S.A., importe de adxudicación: 21.591.285 pesetas.

4. «Mellora da capa de rodadura de diversos camiños rurais no concello de Cualedro (Ourense)» X-3.095.

Oteca, S.A., importe de adxudicación: 16.831.238 pesetas.

5. «Construcción de camiños rurais no concello de Taboadela (Ourense)» X-3.110.

Oteca, S.A., importe de adxudicación: 15.513.052 pesetas.

6. «Camiño de acceso a Vilafrime (A Fonsagrada-Lugo)» X-2.634.

Ovidio Villar, S.A., importe de adxudicación: 11.200.000 pesetas.

7. «Camiños en Triacastela e pavimentación en Sta. Mª do Monte (Triacastela-Lugo)» X-2.759.

Construcciones Paraño, S.A., importe de adxudicación: 46.187.867 pesetas.

8. «Camiño de acceso a Carballal na Pobra de Brollón (Lugo)» X-2.804.

Dago, S.A., importe de adxudicación: 18.347.430 pesetas.

10. «Mellora da capa de rodadura do camiño Pacios-Cubelas en Torbeo (Ribas de Sil-Lugo)» X-2.984.

Ogando, S.A., importe de adxudicación: 10.215.953 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes