Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de notificación de sentencia (72/1993).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Arzúa o sete de xuño de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, os presentes autos de xuízo de cognición, que se seguen neste xulgado co número 72/1993, promovidos por José Taboada Vázquez, e na súa consecuencia, debo declarar e declaro que o predio descrito no feito primeiro da demanda non debe servidume de vertente de tellados, nin de desaugamen

to, nin ningunha outra, que obrigue a recibir no seu terreo as augas procedentes do tellado das edificacións existentes nos terreos dos demandados, condenando os demandados a que recollan as augas que proceden do tellado do seu alpendre debendo derivalas para o seu propio terreo por medios ou instrumentos que consideren convenientes ou subsidiariamente se determinen en execución de sentencia.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se sacará copia certificada para unir ós autos da súa razón, pronúncioo, mándoo e asínoo.-Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido.

E para que así conste e sirva de notificación a María Cabo Graña e Victorio Cabo Graña, declarados en rebeldía, expido esta cédula en Arzúa o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado