Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 695

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas 13 e 14/1994 de profesorado desta universidade convocadas por Resolución do 10 de xuño de 1994.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado por Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios

por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han de resolve-los concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 10 de xuño de 1994 (BOE do 2 de xullo de 1994) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituir nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicacion da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Vigo, 9 de xaneiro de 1994.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO:

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: tecnoloxía electrónica.

Praza número: 13/1994.

Comisión titular:

Presidente: Carlos Martínez-Peñalver Feire, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Serafín Alfonso Pérez López, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Enrique Calleja Pardo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Juan Antonio Carrasco López, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Ángel Luis Alcolea Sancho, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente: Enrique Mandado Pérez, catedrático de unviersidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Alfredo del Río Vázquez, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Eugenio García Moreno, catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

Manuel Julián Betancor García, profesor titular de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Pere Joan Riu Costa, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía vexetal.

Praza número: 14/1994.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Javier Llimona Page, catedrático de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Vocal secretaria: Mª Pilar Saa Otero, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Juan Mª Moure Nolla, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Ángeles Fernández Casado, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Julio Iranzo Reig, profesor titular de univesidade. Universidade de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: José Luis Pérez-Cirera López-Niño, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª Regina Carballal Durán, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais: Luis Recalde Manrique, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Mª Josefa Babiano Puerto, profesora titular de universidade. Universidde de Salamanca.

Mª José de J. Quiles Rodenas, profesora titular de universidade. Universidade de Murcia.