Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 694

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994 pola que se convoca a libre designación entre funcionarios de carreira postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 4/1991, de reforma da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, resolve convocar a libre designación entre funcionarios de carreira os anteditos postos, con suxeición ás seguintes

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos candidatos.-Poderán concursa-los funcionarios de carreira que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para cada posto convocado.

2. Solicitudes.-

2.1.-As solicitudes dirixiránselle ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir da data de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2.-A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3.-Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou a petición do interesado.

3. Méritos.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que alegue.

4. Adxudicación de postos.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo, algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira.-A presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser recorridos polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

* 1 posto de secretaria de dirección para a secretaría particular do rectorado.

Nivel: 20.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 550.848 ptas.

* 2 postos de secretaria de dirección para a secretaría particular do rectorado.

Nivel: 18 (1 quenda de tarde).

Grupo: C/D.

Complemento específico: 489.636 ptas.

* 1 posto de secretaria de dirección para o Vicerrectorado de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 489.636 ptas.

* 1 posto de secretaria de dirección para o Vicerrectorado de Profesorado.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 489.636 ptas.

* 1 posto de secretaria de dirección para o Vicerrectorado de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 489.636 ptas.

* 1 posto de secretaria de dirección para o Vicerrectorado de Coordinación do Campus de Lugo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 489.636 ptas.