Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña, do 21 de marzo de 1994 (BOE do 12 de abril) para a provisión da praza 14/1994 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas desta Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión que xulgou a dita praza non propuxo ningún candidato. Visto o artigo 11.2 d) do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 30 de decembro de 1994.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña