Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (18/1994).

José Manuel Serén Quintela, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que nos autos de xuízo de cognición que neste xulgado se seguen baixo o número 18/1994, sobre negatoria de servidume, por instancia de Mª Esperanza Quintáns Alonso e Ovidio Ferreiro Dopazo, contra Juan José Quintáns Pensado, Ofelia Mayo Giraut e toda persoa descoñecida ou ignorada á que puidese afectarlle este preito, dictouse sentencia e auto de aclaración que son do seguinte teor literal:

Sentencia.-En Negreira, o dez de outubro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de cognición número 18/1994, seguidos neste xulgado por instancia de María Esperanza Quintáns Alonso e Ovidio Ferreiro Dopazo, representados polo procurador Sr. Andrade Suárez e asistidos do letrado Sr. García Amigo, contra Juan José Quintáns Pensado, representado polo procurador Sr. Calviño Gómez e asistido do letrado Sr. Castiñeira Caamaño; Ofelia Mayo Giraut, representada polo procurador Sr. Calviño Gómez e asistida do letrado Sr. Astray Mariño, e persoas descoñecidas, sobre negatoria de servidume.

Decido: que, desestimando a demanda interposta en nome de María Esperanza Quintáns Alonso e Ovidio Ferreiro Dopazo, absolvo dela os demandados

Juan Quintáns Pensado, Ofelia Giraut e demais persoas descoñecidas contra as que se dirixe a demanda; con imposición das custas deste xuízo á parte demandante. Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que, por non ser firme, é susceptible de recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá testemuño ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. Auto de aclaración: Negreira, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Feitos.-Primeiro: que en data dez de outubro de 1994 dictouse sentencia no fundamento terceiro da cal e a continuación de «Circundado da eira de mallar...» se omitiu por erro de transcrición o seguinte: «con hórreo e dúas casetas ou pallais, linda no norte con...»

Razoamentos xurídicos.-Único: procede, de conformidade cos artigos 267 LOPX e 363 LAC, aclara-la sentencia de referencia, dictada nos presentes autos, no sentido de supli-la omisión advertida e, en consecuencia, o fundamento terceiro dela queda redactado da seguinte forma unha vez completado coa parte omitida: Terceiro.-Tanto dos documentos achegados pola propia demandante, especialmente o que se refire á liquidación do imposto de dereitos reais pola herdanza de Carmen Alonso Paredes, como os achegados polo demandado, aparece acreditado que o fundo propiedade da demandante designado como «Circundado da eira de mallar» con hórreo e dúas casetas ou pallais, linda no norte, en parte con camiño que queda perfectamente identificado co paso que agora se discute, polo que debe estimarse adquirido en virtude de título, o que motiva a desestimación da demanda. Vistos os preceptos legais e demais artigos citados, S.Sª resolve aclara-la sentencia de data dez de outubro de 1994 en canto ó seu

fundamento terceiro se refire, o cal queda redactado na forma sinalada no razoamento xurídico único desta resolución; e firme que sexa este auto, póñase nela unha nota de referencia a este, que se incluirá no libro de sentencias, deixando nas actuacións certificacións desta resolución. Así o acorda, manda e asina Francisco Serrano Arnal, xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira.

E para que sirva a presente cédula de notificación en forma ás persoas descoñecidas e ignoradas ás que puidese afectarlles este preito, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o dous de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado