Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 687

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 1994 pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1995.

Advertidos erros no texto da mencionada orde publicada no DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 1995, na versión da orde en galego é necesario realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 25

-No artigo 4º.-Cefalópodos, onde di: «... de acordo co previsto no Decreto 262/1991, do 12 de xullo».

-Debe dicir: «... de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro.»

Así mesmo deben realizarse as seguintes correccións nas dúas versións da orde:

No artigo 6º.-Percebe, Confradía de Ribeira, onde di:

«Puntos de control: Vicouso, Sálvora, Pta. Falcoeiro, porto de Aguiño e porto de Ribeira.»

-Debe dicir:

«Puntos de control: Vicouso, Sálvora, Pta. Falcoeiro e porto de Aguiño.»

Onde di: «Puntos de venda: lonxa de Ribeira.».

Debe dicir: «Puntos de venda: lonxa de Aguiño.».

No artigo 8º.-Equinodermos; entre as confradías de Muros e Fisterra incluirase:

Plan de Ourizo da confradía de Porto do Son:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control: Lonxa do Porto do Son.

Puntos de venda: Lonxa do Porto do Son.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.