Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 687

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1994 pola que se inscribe a Asociación Internacional de Peregrinos Ave Fénix no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Internacional de Peregrinos Ave Fénix, de data 28 de decembro de 1994.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Internacional de Peregrinos Ave Fénix quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 024.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura