Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores P-9/1994 e catro máis incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de un mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta número 311-152-115/8 da Caixa de Galicia

(2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 134.

Expediente nº P-9/94.

Denunciado: Eugenio Alvite Vázquez.

Enderezo: R/ Serra de Outes, 100, Lugo 27004.

Feito denunciado: pescar con cana non levando consigo a licencia de pesca en vigor.

Precepto sacionador: 33.1.

Sancion: 2.000 ptas. de multa.

Expediente nº P-11/94.

Denunciado: Manuel Villar Arroyo.

Enderezo: Estación de Renfe, Córdoba.

Feito denunciado: pescar en época de veda.

Precepto sancionador: 34.8.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-62/94.

Denunciado: Marcos Piñeiro Losada.

Enderezo: R/ Escultor Faílde, 1º A-6º B, Ourense 32004.

Feito denunciado: pescar con cana non levando consigo a licencia de pesca en vigor.

Precepto sancionador: 33.1.

Sanción: 2.000 ptas. de multa.

Expediente nº P-102/94.

Denunciado: José Luis Fernández Feijo.

Enderezo: Avenida da Coruña, 326-1º A. Lugo 27003.

Feito denunciado: practica-la pesca con cana, tendo capturadas 7 troitas de tamaño inferior ó regulamentario.

Precepto sancionador: 33.9.

Sanción: 7.000 ptas. de multa e 7.000 ptas. de indemnizacion.

Expedienie nº P-250/94.

Denunciado: José Carlos Vázquez López.

Enderezo: Santa Andrea, s/n. Quiroga 27320, Lugo.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 28 de decembro de 1994.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo