Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da vixente lexislación en materia de epizootias, devolto polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expedientes PO-54-CSG/94 e once máis).

Pola presente resolución notifícaselles en cumprimento do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ós denunciados que teñen os datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dictadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra, fronte ás que poderán interpoñer, por non esgotaren a vía administrativa, recur

so ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado a partir da publicación desta resolución.

No caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberá facerse efectivo no prazo de un mes mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 120.598 do Banco Pastor, código 0072 da oficina principal 0401 en Pontevedra. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase á súa execución forzosa polo procedemento de constrinximento.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias