Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-115/1994 e seis máis. (Caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no art. 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou as pro

bas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no art. 13 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 22 de decembro de 1994.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra