Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Toldaos (O Incio-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Toldaos (O

Incio-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 106/1985, do 23 de maio, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 3 de decembro de 1994, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Toldaos (O Incio-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello do Incio, na Cámara Agraria local e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 134, 5º Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio de San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzanda se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 20 de decembro de 1994.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural de Lugo