Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1994, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración da zona de Santiago de Seré (Somozas-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Santiago de Seré (Somozas-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 62/1984, do 23 de marzo (DOG do 13 de abril de 1984).

Primeiro.-Con data do 7 de outubro de 1994 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración da zona de Santiago de Seré (Somozas-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Somozas e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administralivo de Monelos, s/n, 6ª pranta. A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n. Santiago) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente no mesmo a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzanda se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigas 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 28 de outubro de 1994.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural da Coruña