Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 660

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (165/1994).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido.

Fago saber que nos autos de xuízo sumario hipotecario artigo 131 L.H. núm. 165/1994, promovidos por Banco de Galicia, S.A., representados por Narciso Caamaño Queijo, contra Julio M. Gerardo Antelo García sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de tres millóns cento cinco mil dezaoito (3.105.018) ptas. de principal, oito millóns setecentas setenta e cinco mil (8.775.000) ptas. de orzamento de responsabilidade hipotecaria, tres millóns (3.000.000) de ptas. que se calculan para gastos, custas e xuros, acordouse sacar a poxa pública por termo de vinte días, o predio que ten por prezo taxado polos xuros o da escritura de constitución da hipoteca e que se describen ó final. O remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa: celebrarase o 24 de febreiro de 1995 ás doce horas.

Segunda poxa: celebrarase o 31 de marzo de 1995 ás doce horas.

Terceira poxa: celebrarase o 28 de abril de 1995 ás doce horas.

Condicións das poxas:

Primeira. Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda. Desde o anuncio ata a celebración da poxa poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, acompañando resgardo acreditativo de ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado e se abrirán no acto do remate.

Terceira. Para tomar parte na primeira poxa os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A. unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación do predio.

Cuarta. As ofertas poderanse facer en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinto. Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda con rebaixa do vintecinco por cento da taxación, baixo as mínimas condicións que quedan ditas e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior, no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións cás anteriores, debendo consigna-los interesados para poderen participar nela unha cantidade igual cá sinalada para a segunda poxa.

Sétima. A parte actora está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava. Todo licitador enténdese que acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os hai, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na res

ponsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Predio que se vai poxar e o seu tipo:

1. Casa de planta baixa, en estado bastante deteriorado, distribuída en cociña, almacén e dormitorios, da superficie de oitenta e catro metros cadrados, con terreo arredor dela, no sitio de Campo de Rial, formando un predio de quince áreas oitenta e catro centiáreas. Linda, norte, camiño construído por concentración parcelaria, sur e oeste, máis de Julio Miguel Gerardo Antelo García e leste, Manuel Viña Iglesias. Inscrición tomo 535, libro 73, predio núm. 12.745, inscrición primeira. O mencionado predio responde de quince millóns (15.000.000) de pesetas de principal, oito millóns setecentas setenta e cinco mil (8.775.000) pesetas de xuros ó 19,50 por cento, por tres anos, e tres millóns (3.000.000) de pesetas para gastos e custas. Tipo de taxación para a poxa vinteseis millóns setecentas setenta e cinco mil (26.775.000) ptas.

E para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación ó debedor, en caso de que el non fose atopado no predio, expido, selo e asino edicto en Ordes, 9 de novembro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria