Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 660

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (62/1992).

Dolores de los Ríos Anderez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, fai saber:

Que no procedemento de xuízo de faltas seguido perante este xulgado co número 62/1992, en execución de sentencia que é firme, sendo denunciante Gloria García Penas e denunciado José Manuel Rodríguez González, acordouse sacar a poxa pública na sala de audiencias deste xulgado, o vindeiro día vintesete de xaneiro ás dez horas por primeira vez, e se é o caso por segunda o día vintecatro de febreiro ás dez horas; e por terceira o día vintecatro de marzo ás dez horas, todas elas do ano 1995; o vehículo que ó final se describirá baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Servirá de tipo a para primeira poxa o de 90.000 ptas. (noventa mil pesetas); para a segunda o 75% daquel tipo, e, para a terceira, será sen suxeición a tipo. Non se admitirán ofertas nos remates que non cubran as dúas terceiras partes da avaliación.

Segunda.-Os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, conta 151000076006292) unha cantidade non inferior ó 20% do tipo de cada poxa para a primeira e segunda e na terceira en que non serán inferiores ó 20% da segunda. As ofertas poderanse facer desde a publicación desta anuncio depositando á vez as cantidades indicadas.

Terceira.-Faise saber que o embargo realizado sobre os ditos vehículos foi anotado na Xefatura Provincial de Tráfico e que se atopan precintados.

Cuarta.-Os presentes autos atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado.

Quinta.-A descrición do vehículo que se poxa é a seguinte:

1. Vehículo GS, matrícula C-3697-V.

Dado en Arzúa, un de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado