Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 654

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión da praza 1.260/1994 e doce máis de corpos docentes universitarios.

De acordo co establecido no artigo 38.2 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 24 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos rexerais:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non te-los sesenta e cinco.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do Servicio da Administración do Estado ou da autónoma, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1 ou 2 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1 c) do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar a prazas de profesor titular de universidade os que estiveran contratados durante máis de dous anos como axudantes nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4 da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte no concurso remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria, no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo modelo anexo II, debidamente cuberto xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos

deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na C/C 48/2; Outros Ingresos, Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, segundo se detalla a seguir e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas., en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame); diplomados, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame).

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá serlles notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación, os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da universidade, no prazo de quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non

acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos debendo presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.260/1994.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Departamento a que está adscrita: Teoría e Historia da Educación.

Área de coñecemento a que corresponde: teoría e historia da educación.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: teoría e institucións contemporáneas da educación en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.284/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: química orgánica.

Departamento a que está adscrita: Química Orgánica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.285/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: filoloxía española.

Departamento a que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: literatura española en Lugo.

Clase de convocatoria concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.286/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento a que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: gramática galega en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.287/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: historia medieval.

Departamento a que está adscrita: Historia Medieval, Moderna e Contemporánea.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.288/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: historia medieval.

Departamento a que está adscrita: Historia Medieval, Moderna e Contemporánea.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.289/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: matemática aplicada.

Departamento a que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: matemáticas (Facultade de Química) en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.290/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento a que corresponde: matemática aplicada.

Departamento a que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: métodos numéricos (Facultade de Matemáticas) en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.291/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: didáctica da expresión musical.

Departamento a que está adscrita: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: didáctica da expresión musical en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.292/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: didáctica da expresión musical.

Departamento a que está adscrita: Didáctica da Expresión Musical Plástica e Corporal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: didáctica da expresión musical na educación infantil.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.293/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento a que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: contabilidade en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 1.294/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento a que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: lingua galega en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.

Número de prazas: 1.

Praza número 1.295/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: óptica.

Departamento a que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: óptica e radiometría, fotometría e color en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.